Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 4 de abril de 2017 Páx. 16075

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 15 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican diversas resolucións de recursos de alzada (expediente BS626F15030061210 e dous máis).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, publícanse mediante este edicto as notificacións das resolucións dos recursos de alzada presentados polas persoas interesadas relacionadas no anexo, ao seren devoltas polo servizo de Correos toda vez que se intentou a notificación e non se puido practicar.

Estas resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas poderase interpor recurso contencioso-administrativo, perante a xurisdición competente, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ao da data desta publicación no Boletín Oficial del Estado, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou potestativamente, segundo o establecido nos artigos 123 e 124 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderase interpor recurso de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ante o mesmo órgano que ditou o acto.

Así mesmo, no prazo dun mes, e de acordo co referido no artigo 61 da antedita Lei 30/1992, do 26 de novembro, as interesadas ou os/as seus/súas representantes poderán comparecer persoalmente ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social da Coruña; Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración; avenida Salvador de Madariaga, 9, 1º, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para os efectos do coñecemento do texto íntegro da resolución e do resto do expediente.

A Coruña, 15 de marzo de 2017

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesada

DNI/NIE

Nº de expediente

Data da resolución e sentido

Rosa Moreno Fernández

34942940Y

BS626F15030061210

27.12.2016

Inadmisión recurso de alzada

Fátima Aparecida Pereira Dias

48114007P

BS626F15058002814

27.12.2016

Recurso de alzada desestimado

Mª Luisa Martín Garrido

01923940J

BS626F15075002115

26.1.2017

Recurso de alzada desestimado