Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 4 de abril de 2017 Páx. 16053

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 3 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Zas (expediente IN407A 2017/024-1).

Expediente: IN407A 2017/024-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT VIM-803 Lugar da Cacharosa.

Concello: Zas.

Características técnicas:

– LMTA a 20 kV, de 5 m, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio nº 64-3 proxectado que se intercalará na liña VIM-803 (liña Laxe Neaño), antes da derivación ao CT da Cacharosa 1 (15X562) para substituír e final no novo apoio nº 64-4 proxectado, onde se instalará o novo CTI da Cacharosa 1 proxectado, que substituirá o pórtico existente.

– LMTS a 20 kV, de 147 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no paso A/S do apoio nº 64-3 proxectado que se intercalará na liña VIM-803 (liña Laxe Neaño), antes da derivación ao CT da Cacharosa 1 (15X562) para substituír, e final no paso A/S do apoio nº 64-5 proxectado, que substitúe o existente da LMT VIM-803, no tramo entre a derivada ao CT da Cacharosa 1 (15X562) para substituír e o CT da Cacharosa 2 (15X563).

– Novo CTI da Cacharosa 1 (15X562), cunha potencia de 160 kVA, unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Lexislación de aplicación:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 3 de marzo de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña