Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 3 de abril de 2017 Páx. 15894

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 17 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, polo que se emprazan as persoas interesadas no expediente de subvención para o establecemento de sistemas agroforestais 17320018/2016 e nove máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) e que se sinala no anexo, a resolución do procedemento para declaralas desistidas da solicitude da axuda relativa aos expedientes de subvención número 17320018/2016, 17320039/2016, 17320074/2016, 17320078/2016, 17320081/2016, 17270020/2016, 17270037/2016, 17270160/2016, 17270197/2016 e 17270215/2016 (Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2016).

As persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, situada na rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro da mencionada resolución e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da data de finalización deste.

Concédeselles ás persoas interesadas un prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, no cal poderán interpoñer potestativamente o recurso de reposición perante a conselleira do Medio Rural ou directamente recurso contencioso-administrativo perante o órgano xurisdicional competente no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren pertinente.

O presente anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que se fai constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2017

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación Forestal

ANEXO

Expediente: procedemento para declarar a desistencia da solicitude de axuda no expediente de subvención núm. 17320018/2016.

Interesada: María José Blanco Vázquez.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Xan Corral Paxariño, nº 13, portal 2, 1º C, 32500 O Carballiño. Ourense.

Expediente: procedemento para declarar a desistencia da solicitude de axuda no expediente de subvención núm. 17320039/2016.

Interesado: José Antonio Pena González.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Montecelo, nº 16, Vilamaior da Boullosa (Santa María). Baltar. Ourense.

Expediente: procedemento para declarar a desistencia da solicitude de axuda no expediente de subvención núm. 17320074/2016.

Interesado: Javier Pérez Varela.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: A Eirexe, nº 38, 32139 San Cristovo de Cea. Ourense.

Expediente: procedemento para declarar a desistencia da solicitude de axuda no expediente de subvención núm. 17320078/2016.

Interesado: Adolfo Fernández Otero.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: rúa Emilia Pardo Bazán, nº 23, 3º B, 32005 Ourense.

Expediente: procedemento para declarar a desistencia da solicitude de axuda no expediente de subvención núm. 17320081/2016.

Interesada: Josefa Pérez Salgado.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: rúa Emilia Pardo Bazán, nº 23, 3º B, 32005 Ourense.

Expediente: procedemento para declarar a desistencia da solicitude de axuda no expediente de subvención núm. 17270020/2016.

Interesado: Jesús Millán Rodrigo.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: rúa Piñeiro, nº 18, Alborada, 27540 O Saviñao. Lugo.

Expediente: procedemento para declarar a desistencia da solicitude de axuda no expediente de subvención núm. 17270037/2016.

Interesado: Germán Aldariz González.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Entrambosríos, nº 10, 32839 A Merca. Ourense.

Expediente: procedemento para declarar a desistencia da solicitude de axuda no expediente de subvención núm. 17270160/2016.

Interesado: Bruno Vázquez Alonso.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: rúa Menéndez Pelayo, nº 54, 2º F, 39700 Castro-Urdiales. Cantabria.

Expediente: procedemento para declarar a desistencia da solicitude de axuda no expediente de subvención núm. 17270197/2016.

Interesado: José Santiago Hermida Blanco.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Cirro, nº 32 B, 15260 Sada. A Coruña.

Expediente: procedemento para declarar a desistencia da solicitude de axuda no expediente de subvención núm. 17270215/2016.

Interesado: Carlos Tomé González.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Manuel Leiras Pulpeiro, nº 11, 3º E, 27004 Lugo.