Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 3 de abril de 2017 Páx. 15898

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia da resolución do expediente sancionador MON-CO-0166/2016-CAF e outro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (aplicable segundo o disposto na disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio para ser notificada por comparecencia.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Ordenación Forestal –Servizo de Xestión Forestal–, situadas na rúa San Lázaro, s/n, 1º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira do Medio Rural, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Transcorrido este prazo sen ter presentado o dito recurso, está resolución adquirirá firmeza na vía administrativa e será inmediatamente executiva de conformidade co previsto no artigo 138.3 da mesma norma xurídica.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2017

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación Forestal

ANEXO

Expediente: MON-CO-0166/2016-CAF.

Interesado: Julio Remuñán Vidal.

Acto de notificación: resolución do procedemento sancionador.

Expediente: MON-OU-0049/2016-VNA.

Interesada: Mª Luisa Nieto Conde.

Acto de notificación: resolución do procedemento sancionador.