Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 3 de abril de 2017 Páx. 15931

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se anuncia a licitación do servizo de limpeza do Centro de Especialidades de Mollavao e de determinados centros de saúde (expediente AB-EIP1-17-002).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Enderezo: avenida de Vigo, 16.

3º. Localidade e código postal: Pontevedra 36003.

4º. Teléfono: 986 88 51 33.

5º. Telefax: 986 88 58 85.

6º. Correo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención da documentación e información: ata a data límite da presentación das ofertas, todos os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AB-EIP1-17-002.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de limpeza do Centro de Especialidades de Mollavao e de determinados centros de saúde pertencentes á estrutura organizativa da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

c) División por lotes e número de lotes: único.

d) Lugar de execución: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

1º. Domicilio: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

2º. Localidade e código postal: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia da nomenclatura): 90911200-8.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto, multicriterio e regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación:

– Oferta económica: ata 67 puntos.

– Bolsa de horas: ata 5 puntos.

– Proposta de funcionamento do servizo: ata 24 puntos.

– Elementos e maquinaria que permitan a optimización dos RRHH: ata 4 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 2.963.549,60 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 1.347.068 €.

b) Importe total: 1.629.952,28 €.

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe da licitación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos especificos do contratista.

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso:

– Solvencia económica e financeira. Criterio: bastará que nun dos tres últimos exercicios se supere a contía de 1.347.068 € (IVE excluído) do lote a que se presente a oferta.

– Solvencia técnica ou profesional. Criterio: o licitador considerarase solvente coa presentación de polo menos un traballo ou servizo de igual ou similar natureza dos que constitúen o obxecto do contrato e cuxo importe supere a cantidade de 673.534 € (IVE excluído) do lote a que se presenta a oferta.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 21 de abril de 2017.

b) Modalidade de presentación: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

2º. Enderezo: r/ Loureiro Crespo, 2.

3º. Localidade e código postal: Pontevedra 36001.

4º. Enderezo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

d) Admisión de variantes, se procede: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: procederase á apertura do sobre B e C e darase lectura das propostas.

b) Enderezo: publicarase no perfil do contratante.

c) Localidade e código postal: publicarase no perfil do contratante.

d) Data e hora: a data e a hora da realización da apertura do sobre B e C publicarase no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario (ver o prego de cláusulas administrativas particulares).

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 14 de marzo de 2017.

Pontevedra, 14 de marzo de 2017

José Ramón Gómez Fernández
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés