Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2017 Páx. 15748

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO polo que se modifica a licitación do procedemento aberto para a contratación da subministración de areas para o seu uso polas brigadas desta deputación durante o ano 2017 na zona sur da provincia.

Advertido un erro no anuncio publicado o día 30 de marzo de 2017, na páxina 15393, no DOG núm. 63, procédese a modificar o seu contido, de xeito que en tal anuncio deberá dicir:

«ANUNCIO de licitación do procedemento aberto para a contratación da subministración de áridos para o seu uso polas brigadas desta deputación durante o ano 2017, na zona sur da provincia.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións do procedemento aberto para a contratación da subministración de areas para o seu uso polas brigadas da Deputación durante o ano 2017 na zona sur da provincia, cun gasto autorizado de 80.000,00 € (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, a través da plataforma www.leal.gal, única e exclusivamente. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de condicións ao cal poderá accederse gratuitamente a través do perfil do contratante na web da Deputación www.depourense.es, ou na plataforma www.leal.gal. As solicitudes de información poderán formularse telefonicamente 988 31 75 40 perante o Servizo de Contratación.

Sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere procedente, o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que teñan de rexer a licitación, serán susceptibles de recurso potestativo de reposición ante a Presidencia da Deputación no prazo dun mes e alternativamente de recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, contados ambos os prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non son simultáneos).

Ourense, 17 de marzo de 2017

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense»