De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-0200/2017-PPM e tres máis.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións computarase desde esa publicación.
A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sita na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.
A persoa interesada dispón dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 do Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.
A Coruña, 14 de marzo de 2017
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: PSC-CO-0200/2017-PPM.
Persoa interesada: Emilio Hermo Santos.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: lugar Perguisa, 13, Cabo de Cruz, Boiro.
Expediente: PSC-CO-0203/2017-PPM.
Persoa interesada: María Jesús García Brión.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: Corrubedo, Ribeira.
Expediente: PSC-CO-0223/2017-PPM.
Persoa interesada: Francisco Arturo Vilar Pérez.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: lugar de Mosqueiros, Castiñeiras, 14, Ribeira.
Expediente: PSC-CO-0253/2017-PPM.
Persoa interesada: Luis Manuel Soneira Santamaría.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: Deán Pequeno, 23, Ribeira.