Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2017 Páx. 15390

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de información pública (expediente 631/2017/45).

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o 24 de febreiro de 2017, acordou aprobar inicialmente o documento do estudo de detalle para a ordenación de volumes na parcela onde se localizará o CEIP Novo Mesoiro, A Coruña, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (expediente 631/2017/45).

En cumprimento do artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e dos artigos 194.2 e 207 do regulamento da lei, o expediente sométese a información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera interesado poida consultalo e formular, de ser o caso, as alegacións que considere oportunas.

A documentación do estudo de detalle pódese consultar no Departamento de Planeamento da Área de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda (praza Indalecio Prieto, 1-3), en horario laboral de luns a venres, ou na páxina web do concello: www.coruna.es/urbanismo, na epígrafe Exposición pública de expedientes.

A Coruña, 13 de marzo de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto do 15.6.2015)
Xiao Varela Gómez
Concelleiro responsable de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda