De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícase á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) e que se sinala no anexo, a resolución do procedemento para declarar a inadmisión a trámite da solicitude da axuda relativa ao expediente de subvención número 17270209/2016 (Orde do 22 de xuño de 2016, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2016).
A interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, situada na rúa San Lázaro s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro da mencionada resolución e a constancia de tal coñecemento.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da data de finalización deste.
Concédese á interesada un prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, no que poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición perante a conselleira do Medio Rural ou directamente recurso contencioso-administrativo perante o órgano xurisdicional competente no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que a interesada poida exercer calquera outro que estime pertinente.
O presente anuncio expídese para que conste e sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2017
Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación Forestal
ANEXO
Expediente: procedemento para declarar a inadmisión a trámite da solicitude de axuda no expediente de subvención núm. 17270209/2016.
Interesada: Milagros Ares López.
Acto de notificación: resolución.
Último enderezo coñecido: rúa Río Ulla, nº 25, 3º B. 27004 Lugo.