De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia segundo o disposto no artigo 46.
Os actos foron adoptados pola xefa territorial e pola instrutora.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial, sita no Edificio Administrativo Monelos; Vicente Ferrer, 2,-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
A Coruña, 13 de marzo de 2017
Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: CO-RES-2015-0111.
Interesado: Manuel Sergio Ferro Barreiro.
Acto notificado: terceira multa coercitiva.
Expediente: CO-RES-2015-0179.
Interesada: Autobox Castilla 130, S.L.
Acto notificado: primeira multa coercitiva.
Expediente: CO-RES-2015-0202.
Interesada: Talleres J. y M. Fernández, S.L.
Acto notificado: primeira multa coercitiva.
Expediente: CO-RES-2016-0203.
Interesado: Francisco José Otero Castro.
Acto notificado: proposta de resolución.