Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2017 Páx. 15316

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 6 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se notifica a resolución do recurso de reposición interposto contra a resolución ditada no procedemento ANP-CO-0055/2015, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de correos, notifícase a Judith Varela García a resolución do recurso de reposición RR/CON/2016/00043 do 25 de xaneiro de 2017, interposto contra a resolución ditada pola entón directora xeral de Conservación da Natureza por delegación da Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio do 10 de febreiro de 2016, ditada no procedemento ANP-CO-0055/2015.

En cumprimento do artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, o interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, situadas no edificio administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición onde o demandante teña o seu domicilio ou aquela en que se atope a sede do órgano autor do acto orixinario impugnado, de conformidade co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou da publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto no artigo 46.1 da citada Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2017

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio