Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 2017 Páx. 15006

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 59/2017).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 59/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Antonio Regueiro Carreira contra Talleres Fernández Coruña, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Ifer Coruña, S.L., Talleres J. y M. Fernández, S.L.U., Automóviles J. y M. Fernández, S.L.U., Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións:

Auto.

Maxistrada xuíza: Ana María Souto González.

Santiago de Compostela, nove de marzo de dous mil dezasete.

Antecedentes de feito.

Único. Juan Antonio Regueiro Carreira presentou escrito en que solicitaba a execución da sentenza 374/2016 de data 23 de novembro de 2016, ditada no procedemento DSP 668/2014 fronte a Talleres Fernández Coruña, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Ifer Coruña, S.L., Talleres J. y M. Fernández, S.L.U., Automóviles J. y M. Fernández, S.L.U., Fogasa.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Este Xulgado do Social número 1 examinou a súa xurisdición, competencia obxectiva e territorial, e entende que na demanda de execución de título xudicial concorren os presupostos e requisitos procesuais exixidos pola lei, e debe despacharse esta de conformidade ao disposto no artigo 237 da LJS e concordantes.

Segundo. De conformidade co mencionado título que se executa e a solicitude de execución presentada, a cantidade pola cal se despacha execución é de 15.523,82 euros en concepto de principal (12.622,4 euros en concepto de salarios, 2.901,42 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior) 1.552,38 euros en concepto provisional de xuros de demora e custas calculadas segundo o criterio do 251.1 da LXS, polo que non excede, para os primeiros, o importe dos que se devindicarían durante un ano e, para as custas, do 10 por 100 da cantidade obxecto de constrinximento en concepto de principal.

Terceiro. Dispón o artigo 251.2 da LXS que, sen prexuízo do disposto no artigo 576 da LAC, subsidiariamente aplicable, transcorridos tres meses do despacho da execución sen que o executado cumprise na súa integridade a obriga, se se apreciase falta de dilixencia no cumprimento da executoria, se tivese incumprido a obriga de manifestar bens ou se tiveren ocultado elementos patrimoniais transcendentes na ddita manifestación, poderá incrementarse o xuro legal que se deberá aboar en dous puntos.

Cuarto. Se a parte executada cumprise na súa integridade a obriga exixida contida no título, incluído no caso de execución en diñeiro o aboamento dos xuros procesuais, se procedesen, dentro do prazo dos vinte días seguintes á data de firmeza da sentenza ou resolución xudicial executable ou desde que o título quedase constituído ou, se é o caso, desde que a obriga declarada no título executivo fose exixible, non se lle imporán as custas da execución que se tivese instado, en aplicación do prevido no artigo 239.3 da LXS.

Quinto. En virtude do disposto no artigo 551.3 da LAC, ditado o auto pola maxistrada, o letrado da Administración de xustiza responsable da execución, no mesmo día ou no día seguinte hábil, ditará decreto cos contidos previstos no citado precepto.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución da sentenza 374/2016 de data 23.11.2016 ditada no DSP 668/2014 a favor da parte executante, Juan Antonio Regueiro Carreira, fronte a Talleres Fernández Coruña, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Ifer Coruña, S.L., Talleres J. y M. Fernández, S.L.U., Automóviles J. y M. Fernández, S.L.U., Fogasa, parte executada, en forma solidaria, por importe de 15.523,82 euros en concepto de principal (12.622,4 euros en concepto de salarios, 2.901,42 euros en concepto de intereses da cantidade anterior), máis outros 1.552,38 euros que se fixan provisionalmente en concepto de intereses que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará a letrada da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, e queda a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición, que se interporá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, e aducirase pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á constitución do título, a non ser a compensación de débedas admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 1 aberta no Banco Santander, S.A., conta número 0049 3569 9200 0500 1274, e deberase indicar no campo concepto “Recurso”, seguido do código “30 Social-reposición”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o “código 30 Social-reposición”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A xuíza. A letrada da Administración de xustiza

Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, nove de marzo de dous mil dezasete.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Juan Antonio Regueiro Carreira presentou demanda de execución da sentenza número 374/2016 de data 23.11.2016 ditada no DSP 668/2014 fronte a Talleres Fernández Coruña, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Ifer Coruña, S.L., Talleres J. y M. Fernández, S.L.U., Automóviles J. y M. Fernández, S.L.U., Fogasa.

Segundo. En data 9 de marzo de 2017 este órgano xudicial ditou auto en que se despacha orde xeral de execución pola cantidade de 15.523,82 euros en concepto de principal (12.622,4 euros en concepto de salarios, 2.901,42 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 ET respecto da cantidade anterior), máis outros 1.552,38 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Terceiro. Consta nas actuacións a declaración previa de insolvencia da parte aquí executada SS Fernández Concesionario, S.L., Talleres J. y M. Fernández, S.L.U., Automóviles J. y M. Fernández, S.L.U., realizada por decreto de data 29.3.2016, ditado por este órgano xudicial, cuxa copia testemuñada se une aos autos para os efectos de constancia.

Cuarto. Así mesmo, consta nas actuacións a declaración previa de insolvencia das aquí executadas Talleres Fernández Coruña, S.L. e Ifer Coruña, S.L., realizada por decreto de data 11 de novembro de 2016, ditado pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no procedemento de execución de títulos xudiciais 6/2015, e expídase exhorto ao dito órgano co fin de que acheguen testemuño para a súa constancia en autos.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Dispón o artigo 239.4 da LXS que o órgano xurisdicional despachará execución, sempre que concorran os presupostos e requisitos procesuais, o título executivo non teña ningunha irregularidade formal e os actos de execución que se solicitan sexan conformes coa natureza e contido do título.

Segundo. A orde xeral de execución, cuxo contido vén determinado no artigo 551 da LAC, subsidiariamente aplicable na xurisdición social, ditouse por auto desta data, e é procedente, por imperativo do número 3 do mesmo artigo, ditar o presente decreto en que se sinalan as medidas executivas, de localización e requirimento de pagamento, se é o caso.

Terceiro. Dispón o artigo 276.3 da LXS que, declarada xudicialmente a insolvencia dunha empresa, iso será base suficiente para estimar a súa pervivencia noutras execucións, e poderase ditar o decreto de insolvencia sen necesidade de reiterar as indagacións de bens do artigo 250 desta lei, e deberase darse audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalen a existencia de novos bens, de ser caso. Por iso e vista a insolvencia xa ditada contra a/s executada/s adóptase a seguinte resolución.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previamente á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Talleres Fernández Coruña, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Ifer Coruña, S.L., Talleres J. y M. Fernández, S.L.U., Automóviles J. y M. Fernández, S.L.U., dar audiencia previa á parte demandante Juan Antonio Regueiro Carreira e ao Fondo de Garantía Salarial, por termo de quince días para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta número 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A., e deberase indicar no campo concepto “recurso”, seguido do código “31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación “recurso”, seguido do “31 Social-revisión de resolución letrado da Administración de xustiza”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Talleres Fernández Coruña, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Talleres J. y M. Fernández, S.L.U., Automóviles J. y M. Fernández, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza