Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 2017 Páx. 14992

IV. Oposicións e concursos

Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2017 pola que se dá publicidade á convocatoria do proceso selectivo para a cobertura temporal dun posto de titulado/a superior en Bioloxía.

No uso das facultades conferidas no artigo 8.2 da Lei 3/2004, do 7 de xuño (DOG núm. 116, do 17 de xuño) que crea o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar) como un ente de dereito público con personalidade xurídica propia, patrimonio de seu e con plena capacidade e autonomía para o cumprimento dos seus fins, adscrito á Consellería do Mar,

RESOLVO:

Anunciar a convocatoria do proceso selectivo para a contratación temporal dun/dunha titulado/a superior en Bioloxía (grupo I, categoría 10) co obxectivo de cubrir a ausencia da titular do posto co código 410026 no cadro de persoal do Intecmar.

As bases e condicións atópanse na web do Intecmar http://www.intecmar.gal/transparencia/Convocatorias, e no seu taboleiro de anuncios.

Vilaxoán, 24 de marzo de 2017

Mª Covadonga Salgado Blanco
Directora do Intecmar