Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 2017 Páx. 15091

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela

ANUNCIO de convocatoria ás empresas pemes de Galicia para a participación no programa Plan internacional de promoción, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder, período 2014-2020).

missing image file

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela anuncia a apertura de convocatoria que ten por obxecto promover a participación no programa Plan internacional de promoción, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder, período 2014-2020) da Unión Europea nas seguintes accións:

1. Visita á Feira Ligna de Hannover, do 20-27 de maio de 2017. Convocatoria prevista en abril 2017. Sector madeira e a súa tecnoloxía.

Primeiro. Beneficiarios

Pemes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Obxecto

O obxecto da convocatoria é a selección de operacións realizadas polas pemes que contribúan a promover a súa internacionalización e mellorar a súa competitividade, co obxectivo de mellorar a inclinación para exportar e a base exportadora da economía española, diversificar os mercados de destino da exportación española e incrementar a competitividade da economía española para impulsar España como destino de investimento.

Terceiro. Convocatoria

O texto completo da convocatoria estará á disposición das empresas na sede da Cámara de Santiago de Compostela. Ademais pode consultarse a través da web: www.camaracompostela.com

Cuarto. Contía

A contía máxima das axudas para outorgar con cargo a esta convocatoria para o período 2014-2020 é de:

– Visita Feira Ligna de Hannover: 20.000 euros en concepto de subvencións. As axudas serán cofinanciadas nunha porcentaxe de 80 % con cargo aos fondos Feder, a través do Programa operativo de crecemento intelixente 2014-2020, e o resto financiarase con cargo ás empresas participantes.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes comeza ao día seguinte da publicación desta convocatoria e finalizará o día 12 de maio ou ata cubrirse o límite de prazas e comunicarase na convocatoria. O modelo de solicitude de participación poderá descargarse na web: www.camaracompostela.com

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2017

Jesús Asorey Carril
Presidente da Cámara Oficial de Comercio, Industria,
Servizos e Navegación de Santiago de Compostela