Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 2017 Páx. 15056

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 14 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial da A Coruña, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente PSC-RI-0643/2014-TRA e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do recurso de alzada do expediente PSC-RI-0643/2014-TRA e tres máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente de dita orde xurisdicional no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa recepción, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa en que o interesado teña o seu domicilio ou ben ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, segundo o disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

A Coruña, 14 de marzo de 2017

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-RI-0643/2014-TRA.

Persoa interesada: María Martínez Núñez.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: rúa Ramón Álvarez Braña, 11-3º B, Noia.

Expediente: PSC-RI-0082/2015-PPM.

Persoa interesada: Francisco Javier Santamaría Castro.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Posmarcos, s/n, A Ribeiriña, A Pobra do Caramiñal.

Expediente: PSC-RI-0117/2015-PPM.

Persoa interesada: Ángel Guerrero Fernández Reyes.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: rúa Micenas, 4, Las Rozas, Madrid.

Expediente: PSC-RI-0559/2015-PPM.

Persoa interesada: Julio Somoza García.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Pazo, 3, O Bosque, Rianxo.