Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 2017 Páx. 15052

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 13 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a proposta dunha liña de deslindamento con propiedades particulares do monte veciñal en man común (MVMC) de Gándara e Carballosa, pertencente á comunidade de Donalbai, no concello de Begonte.

Para os efectos previstos no artigo 54 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e segundo o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dase publicidade á proposta de deslindamento do MVMC de Gándara e Carballosa con propiedades particulares, presentada o 1 de febreiro de 2017 pola comunidade de Donalbai.

Con data do 1 de marzo de 2017, o Servizo de Montes de Lugo emitiu un informe favorable sobre a devandita proposta, ao considerar que non existe menoscabo da integridade do MVMC.

Contra a proposta de deslindamento, no prazo dun mes, que comezará a contarse a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, as persoas interesadas poderán presentar alegacións e títulos que acrediten a propiedade ou a posesión dos predios afectados, ante a comunidade propietaria do MVMC Gándara e Carballosa.

Durante este prazo, a documentación estará dispoñible no Servizo de Montes de Lugo, sito na rolda da Muralla, 70, baixo 2º, das 9.00 ás 14.00, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da dita proposta.

Lugo, 13 de marzo de 2017

Mª Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo