Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2017 Páx. 14894

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 6 de marzo de 2017 pola que se notifican os acordos que fixan o prezo xusto de varios predios (expediente 2016000447 e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante esta cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2017

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 01213, eixe de comunicacións A-52-fronteira portuguesa. Treito I: Vac A-52-Celanova Sur. Clave: Ou/01/101/01.75.1.

Concello: A Merca.

Provincia: Ourense.

Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial Estradas de Ourense.

Beneficiaria: Autoestrada Ourense Celanova (Aucel).

Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto.

Persoas que se notifican

Data acto
que se notifica

Nº expediente

Predio

Prezo xusto (€)

Comunidade de veciños de Barrio

José Touza Salgado

Gumersindo Curras Pérez

Blandina Seara Vázquez

Pastora Pérez Pérez

27.10.2016

27.10.2016

27.10.2016

24.11.2016

24.11.2016

2016000447

2016000452

2016000461

2016000482

2016000484

1453

1280

1240

1155

1184

672,84

675,36

15,15

496,44

2.499,84