Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2017 Páx. 14910

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de licitación do contrato de subministración de enerxía eléctrica aos edificios e instalacións públicas deste concello e dos seus organismos autónomos.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. Rúa Michelena núm. 30, 36071 Pontevedra. Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local.

2. Obxecto: subministración de enerxía eléctrica aos edificios e instalacións públicas do Concello de Pontevedra e dos seus organismos autónomos.

3. Procedemento e forma: aberto con criterios dun tipo.

4. Valor estimado: 6.316.380,53 €, IVE excluído.

5. Garantía provisional: non se precisa. Garantía definitiva: 5 % do orzamento de licitación do contrato.

6. Obtención de documentación e información: Servizo de Contratación, Concello de Pontevedra. Michelena, 30, 36071 Pontevedra. Tfno.: 986 80 43 29. Fax: 886 21 28 43. www.pontevedra.gal

7. Presentación de ofertas: cláusulas 6 e 7.

8. Criterios de adxudicación e apertura de ofertas: segundo se especifica nos pregos

• Cuantificable por xuízo de valor: non existen.

• Avaliables automaticamente: prezo e incremento sobre o mínimo previsto de enerxía con garantía de orixe.

Pontevedra, 21 de marzo de 2017

O alcalde
P.D. (Resolución do 13.6.2015)
Raimundo González Carballo
Concelleiro da Área de Contratación e Facenda