Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2017 Páx. 14787

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se fai público o nomeamento do director da Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol.

Con data 14 de marzo de 2017 a conselleira do Mar ditou resolución de nomeamento de Julio Rodríguez Bona no cargo de director da Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol, en execución da Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia número 663/2016, con efectos administrativos desde o 15 de marzo de 2017 e económicos desde o 1 de abril de 2017.

Polo que,

RESOLVO:

Primeiro. Facer público o nomeamento de Julio Rodríguez Bona, no cargo de director da Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol, por Resolución da conselleira do Mar do 14 de marzo de 2017, en execución da Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia número 663/2016, con efectos administrativos desde o 15 de marzo de 2017 e económicos desde o 1 de abril de 2017.

Segundo. Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da data de recepción, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela,16 de marzo de 2017

Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro