De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio, o inicio do expediente PSC-CO-0172/2017-V e catro máis.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións computarase desde esa publicación.
A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sita na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.
A persoa interesada dispón dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 do Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.
A Coruña, 7 de marzo de 2017
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: PSC-CO-0172/2017-V.
Persoa interesada: María Luisa Pérez Ballón.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: praza Camposa, 28, Cee.
Expediente: PSC-CO-0173/2017-V.
Persoa interesada: Álvaro Luis Triñanes Toba.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: rúa Arenal, 25, Camariñas.
Expediente: PSC-CO-0176/2017-PPM.
Persoa interesada: Santiago Figueira Piñeiro.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: rúa Fincheira, 123, Rianxo.
Expediente: PSC-CO-0184/2017-PPM.
Persoa interesada: Francisco Javier Collazo Salegui.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: rúa Bao, 22, 4º, Boiro.
Expediente: PSC-CO-0242/2017-PPM.
Persoa interesada: Francisco Javier Collazo Salegui.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: rúa Bao, 22, 4º, Boiro.