Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2017 Páx. 14832

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (109/2015).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 109/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Vales Esmorís contra Diconsa Diseño y Construcción, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Sentenza.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2017.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos de procedemento ordinario seguidos neste xulgado co número 109/2015, en que son parte, como demandante, Manuel Vales Esmorís, asistido pola letrada Sra. Romero Salgado, e, como demandados, o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), asistido pola letrada Sr.a Pérez Díez del Corral, e Diconsa Diseño y Construcción, S.A., declarada en concurso de acredores, con comparecencia do administrador concursal Jesús Ángel Alonso Álvarez, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes

Resolución:

Estímase parcialmente a demanda interposta por Manuel Vales Esmorís fronte ao Fogasa e, en consecuencia, condénase a demandada a aboar ao demandante a cantidade de 715,79 euros, debendo a codemandada avirse a tal declaración para os efectos procedentes.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Diconsa Diseño y Construcción, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza