Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2017 Páx. 14782

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 17 de marzo de 2017, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Advertido erro na resolución citada, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 59, do 24 de marzo de 2017, é necesario facer a seguinte corrección:

Na páxina 14319, onde di: «...convócase para a realización do primeiro exercicio o día 18 de abril de 2017, ás 16.00 horas, na sala D do Edificio Administrativo San Caetano, aos seguintes opositores», debe dicir: «...convócanse para a realización do primeiro exercicio o día 18 de abril de 2017, ás 16.30 horas, na sala D do Edificio Administrativo San Caetano, os seguintes opositores».