Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2017 Páx. 14604

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 21 de febreiro de 2017 pola que se notifica o prazo de alegacións no acceso a un expediente por parte dun cidadán.

De acordo co establecido polo artigo 27 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, se a información solicitada puider afectar dereitos ou intereses de terceiros, debidamente identificados, concederáselles un prazo de 15 días para que poidan realizar as alegacións que consideren oportunas. O solicitante deberá de ser informado desta circunstancia, así como da suspensión do prazo para ditar resolución ata que se reciban as alegacións ou transcorra o prazo para a súa presentación (artigo 19.3 da Lei 19/2013).

O 3 de novembro de 2016 solicitouse información á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sobre a existencia dalgún expediente de reposición de legalidade urbanística sobre unha parcela cuxa titularidade catastral corresponde a Hormigones La Estrella, S.A.

Ao non poderse realizar a notificación persoal do trámite de audiencia a Hormigones La Estrella, S.A , mediante esta cédula, e ao amparo do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase ao interesado o dito trámite por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes.

Para que conste e sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2017

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística