Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2017 Páx. 14572

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 14 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2009/0151-4 e un máis.

Ao non ser atopado no enderezo coñecido por esta xefatura territorial o titular da empresa que se indica a continuación, notifícase no Boletín Oficial del Estado, ao abeiro do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación dos expedientes sancionadores de referencia ao ter entrada no Rexistro único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, a copia da sentenza da Audiencia Provincial de Pontevedra que confirma a sentenza ditada polo Xulgado do Penal número 4 de Pontevedra, ditada no procedemento número 323/2013, polo accidente laboral do traballador Juan José Martínez Villanueva.

Os documentos que constan no expediente son:

Expediente: RL 2009/0151-4.

• Acta de infracción.

• Xustificante da notificación (4.3.2009).

• Copia das sentenzas xudiciais.

Expediente: RL 2009/0234-4.

• Acta de infracción.

• Xustificante da notificación (3.3.2009).

• Copia das sentenzas xudiciais.

A ausencia de alegacións dentro do prazo legal permite confirmar as actas, en aplicación da presunción de veracidade que lle recoñece o artigo 53.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar os expedientes nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.

Vigo, 14 de marzo de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expedientes: RL 2009/0151-4 e RL 2009/0234-4.

Actas: I362009000014112 e I362009000014819.

Empresa: Cebifrut Cereales, S.L.

NIF: B-36119733.

Enderezo: Caleiro, s/n, Tarrío, Vilanova de Arousa.