Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2017 Páx. 14627

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se fai pública a formalización do servizo de soporte de aplicacións informáticas (expediente AB-EIS1-16-072).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: AB-EIS1-16-072.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de soporte de segundo nivel das aplicacións informáticas xestionadas na estrutura organizativa de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

c) Lotes (de ser o caso):

d) CPV (referencia de nomenclatura): 50324100-3.

e) Acordo marco (se procede):

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE e DOUE.

h) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia do 31 de agosto de 2016, Boletín Oficial del Estado do 30 de agosto de 2016, Diario Oficial de la Unión Europea de 9 de agosto de 2016.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 1.030.000 euros.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 515.000 euros. Importe total: 623.150 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 3 de febreiro de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 1 de marzo de 2017.

c) Contratista: Everis Spain, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 458.350 euros. Importe total: 554.603,50 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ver a resolución no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2017

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela