Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2017 Páx. 14378

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 10 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai público o acordo de procedencia de reintegro da axuda pola transformación do contrato temporal en indefinido, regulada na Orde do 28 de maio de 2013 (Diario Oficial de Galicia do 6 de xuño), relativa ao expediente TR349C 2013/104-2.

Intentada a notificación da resolución ditada pola xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, pola cal se acorda a procedencia de reintegro da subvención, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido da resolución como figura no anexo para que poidan ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselles saber que a dita resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado (BOE), ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación no BOE, ante esta xefatura territorial. Todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

Os interesados, durante este prazo, poderán presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria en Lugo, situado na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución ditada pola xefa territorial.

Advírteselles aos interesados que, de non ser interposto o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza.

Lugo, 10 de marzo de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR349C 2013/104-2.

Nome: Spacan Lugo S.L.

DNI/NIF: B27412113.

Último enderezo coñecido: rúa da Milagrosa, 58, 27003 Lugo.

Axuda: programa de incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos (programa Estabiliza).

Orde reguladora: Orde do 28 de maio de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013 (Diario Oficial de Galicia do 6 de xuño), anexo II.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas durante un período mínimo de dous anos contado desde a data de realización da transformación.

Precepto infrinxido: base sétima número 1, do anexo II da orde de convocatoria.

Contido: acordo de procedencia de reintegro da axuda.

Data da resolución: 23 de febreiro de 2017.