Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2017 Páx. 14358

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 27 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, polo que se notifica a Resolución do 13 de febreiro de 2017, ditada no expediente sancionador en materia de xogo C-21/16.

O día 27 de febreiro de 2017, o director xeral de Emerxencias e Interior adoptou unha resolución co contido que sumariamente se recolle no anexo deste anuncio. Segundo consta no expediente, intentada a práctica da notificación á persoa interesada, non foi posible realizala, polo que, en aplicación do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede a súa notificación por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Xogo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, situado na rúa Roma, 25-27 de Santiago de Compostela (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres), para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

De conformidade co establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse un recurso de alzada ante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no prazo dun mes. Debido a que a eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), o dito prazo comezará a contarse a partir do día seguinte ao desa publicación.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2017

Luis Menor Pérez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO

Expediente: C-21/16.

Interesado: Nicolás Alfredo Sande Alonso.

DNI/NIF: 33237824H.

Último enderezo coñecido: rúa Río Ulla, 30-3º, Lugo.

Data da resolución: 13 de febreiro de 2017.

Tipificación e precepto infrinxido: leve, artigo 30.c) da Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia.

Sanción: apercibimento.