Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2017 Páx. 14346

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (176/2016).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 176/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María José Barreiro Tobío contra a empresa Moda Pontevedra, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta.

Acordo:

a) Declarar a executada, Moda Pontevedra, S.L., en situación de insolvencia por importe de 51.249,14 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens da executada.

c) Procédase á súa inscrición no Rexistro Mercantil.

Para que sirva de notificación en legal forma a Moda Pontevedra, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 6 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza