Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2017 Páx. 14319

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2017, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 15 de marzo de 2017, o tribunal nomeado pola Orde do 15 de febreiro de 2017 (DOG núm. 40, do 27 de febreiro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, acordou, de conformidade co disposto na base II.1.1, que o primeiro exercicio do proceso selectivo se realice a partir do día 18 de abril de 2017.

Consonte o previsto nas bases I.1 e II.2.1 da orde de convocatoria do proceso selectivo e tendo en conta a existencia dunha quenda de promoción interna e doutra de acceso libre, convócase para a realización do primeiro exercicio o día 18 de abril de 2017, ás 16.00 horas, na sala D do Edificio Administrativo San Caetano, aos seguintes opositores:

Promoción interna
18 de abril de 2017

Apelidos e nome

DNI

Martínez Pereira, María Dolores

32689228H

Acceso libre
18 de abril de 2017

Apelidos e nome

DNI

Saavedra Martínez Lucía

46900855Z

Sánchez Ousinde, Leticia

53309495A

As persoas aspirantes deberán presentarse a cada exercicio provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal.

O chamamento para cada exercicio será único, de xeito que as persoas aspirantes que non comparezan serán excluídas.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Diariamente serán convocados no lugar de realización do exercicio e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2017

Fernando Jorge Mora
Presidente do tribunal