Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 2017 Páx. 14083

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 9 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente PSC-CO-0772/2016-PPM e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a proposta de resolución do expediente PSC-CO-0772/2016-PPM e catro máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da proposta de resolución e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, para formularen as alegacións e presentaren os documentos e informacións que xulguen oportunos. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de audiencia.

A Coruña, 9 de marzo de 2017

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0772/2016-PPM.

Persoa interesada: Severo Boullón Ronquete.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Último enderezo coñecido: Corredoira de Luis Cadarso, 68, 4º, Noia.

Expediente: PSC-CO-0814/2016-PPM.

Persoa interesada: Jesús Igor Hermo González.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Último enderezo coñecido: Magdalena, 85, 2º, Escarabote, Boiro.

Expediente: PSC-CO-0787/2016-PPM.

Persoa interesada: Eduardo de Mattos Ramos.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Último enderezo coñecido: Dereitos Humanos, 12, 3º D, Boiro.

Expediente: PSC-CO-0819/2016-PPM.

Persoa interesada: Marcos David López Silva.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Último enderezo coñecido: rúa Costadal, 14, Escarabote, Boiro.

Expediente: PSC-CO-0925/2016-PPM.

Persoa interesada: Jacinto Rodríguez Pérez.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Último enderezo coñecido: avenida Constitución, 91, 4º C, Boiro.