Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 29, do 10 de febreiro de 2017, cómpre facer as seguintes correccións:
Na páxina 6534, ao final do primeiro parágrafo da parte expositiva, onde di: «…por parte de familias numerosas, discapacitados e mozos en zonas rurais, …», debe dicir: «…por parte de familias numerosas, persoas con discapacidade e mozos en zonas rurais,…».
Na páxina 6535, no artigo único, onde di: «… por discapacitados …», debe dicir: «… por persoas con discapacidade…».