Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 2017 Páx. 13869

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Gondomar

ANUNCIO de convocatoria do proceso de selección de persoal funcionario, polo sistema de libre designación.

As bases que regulan a convocatoria do proceso selectivo para cubrir a praza vacante de persoal funcionario do Concello de Gondomar publicáronse integramente no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 51, do 14 de marzo de 2017:

• 1 praza de xefe do corpo da Policía local, encadrada na escala de administración especial, subescala de servizos especiais, integrada nos grupos A/C, subgrupos A2/C1, polo sistema de libre designación.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Gondomar, 14 de marzo de 2017

Juan F. Ferreira González
Alcalde