Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 2017 Páx. 13725

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2016.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Medio Rural nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2017

Mª Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Medio Rural nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2016

Convenio

Importe

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre o Concello de Ourense e a Consellería do Medio Rural para a ordenación e execución de obras no monte periurbano de Montealegre, pertencente ao Concello de Ourense

58.866,37

23.9.2016

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a Fundación Monte do Gozo

27.766,00

9.9.2016

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a Fundación Semana Verde de Galicia para a adecuación e modernización do sistema informático da Central Agropecuaria de Galicia

60.000,00

15.9.2016

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a Fundación Rof Codina para o aproveitamento dos recursos propios en materia de formación

Sen contido económico

23.9.2016

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello da Veiga para apoiar a creación e posta en funcionamento dunha industria de extracción e envasado de mel e os seus derivados no lugar de Prada, concello da Veiga

135.416,00

7.11.2016

Prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a Agrupación Española de Entidades Aseguradoras de Seguros Agrarios Combinados, S.A. para o fomento dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia

Sen contido económico

30.12.2016

Convenio específico de colaboración entre a Administración xeral do Estado, a través do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente e a Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, en materia de estatística, ano 2016

Sen contido económico

29.11.2016

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Folgoso do Courel e Pedrafita do Cebreiro para a realización de obras de infraestrutura rural

60.446,23

7.9.2016

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Noia para a realización de obras de infraestrutura rural

60.449,22

12.9.2016

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de San Cibrao das Viñas para a realización de obras de infraestrutura rural

12.674,02

19.9.2016

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello da Lama para a realización de obras de infraestrutura rural

49.994,18

22.9.2016

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Dodro para a realización de obras de infraestrutura rural

22.928,90

23.9.2016

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Mesía para a realización de obras de infraestrutura rural

45.053,39

23.9.2016

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Riotorto para a realización de obras de infraestrutura rural

38.744,81

23.9.2016

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Sober para a realización de obras de infraestrutura rural

99.708,77

23.9.2016

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Triacastela para a realización de obras de infraestrutura rural

59.850,92

23.9.2016

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Valga para a realización de obras de infraestrutura rural

149.972,50

23.9.2016

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello do Vilardevós para a realización de obras de infraestrutura rural

60.499,96

23.9.2016

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Xinzo de Limia para a realización de obras de infraestrutura rural

50.000,01

23.9.2016

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Xinzo de Limia para a realización de obras de infraestrutura rural

50.000,01

23.9.2016