De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícase á asociación interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.
O acto foi adoptado pola secretaria xeral técnica.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á publicación no BOE.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, Servizo de Transferencia Tecnolóxica, Estatística e Publicacións, situadas na rúa do Camiño Francés, 8-10 semisoto, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2017
Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación Forestal
ANEXO
Expediente: AF e TT 2014/05.
Interesada: Asociación Profesional de Selvicultores de España (Silvanus).
Acto de notificación: acordo de inicio de perda de dereito ao cobramento de axudas.