Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 2017 Páx. 13823

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 13 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica unha resolución de desestimación da subvención, regulada na Orde do 10 de xuño de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 133, do 14 de xullo), relativa ao expediente TR349A 2016/099-5.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), intentada a notificación dos actos administrativos que se indican no anexo no último domicilio coñecido do interesado sen que esta se puidese practicar, notifícaselle á persoa citada no dito anexo para que, no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representadas no Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Pontevedra sita na rúa Concepción Arenal, 8-2º Vigo (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres), para ter coñecemento do contido daquela. Advírtese de que, de non facelo así, se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela o interesado pode interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 13 de marzo de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: TR 349A 2016/099-5.

Nome: David Alonso Bargiela.

CIF/NIF: 76907675E.

Último enderezo coñecido: rúa Nardos, 14, 1º F, 36860 Ponteareas (Pontevedra).

Tipo de axuda: programa de axudas pola contratación indefinida inicial de persoas desempregadas maiores de 30 anos que esgotasen as prestacións por desemprego.

Contido da resolución: declarar a desestimación da solicitude.

Data da resolución: 18.1.2017.