Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 2017 Páx. 13814

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 17 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental sobre o proxecto de actuacións no ámbito metropolitano da Coruña (AC/09/029.01): conexión CP-1706 coa AP-9 na Barcala-conexión San Pedro de Nós coa AP-9 (clave 2016/0081).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 10 de febreiro de 2017, relativo ao proxecto de actuacións no ámbito metropolitano da Coruña (AC/09/029.01): conexión CP-1706 coa AP-9 na Barcala, conexión San Pedro de Nós coa AP-9, promovido pola Axencia Galega de Infraestruturas.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmaot.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático