Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 2017 Páx. 13834

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2017, do Servizo da Delegación Provincial da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de construción dun novo enlace da AP-9 coa cidade de Santiago de Compostela, no punto quilométrico 70+000, de clave AC/16/108.01, no concello de Santiago de Compostela.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu ordinal 2º a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Con data do 9 de maio de 2016, a Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas resolveu aprobar o proxecto de construción dun novo enlace no p.q. 70+000 da AP-9 coa cidade de Santiago de Compostela, de clave AC/16/108.01.

Con data do 17 de novembro de 2016, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e á urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción dun novo enlace da AP-9 coa cidade de Santiago de Compostela, no punto quilométrico 70+000, de clave AC/16/108.01, no concello de Santiago de Compostela, por Decreto 170/2016, publicado no Diario Oficial de Galicia do 7 de decembro.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servizo, en uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convocar os titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Santiago de Compostela, para que comparezan no lugar, nas datas e nas horas que se detallan a seguir co fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación en que se recollerán os datos necesarios para determinar os dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Termo municipal de Santiago de Compostela.

Lugar: Casa de Asociacións (antiga estación de Cornes).

Data: 19 de abril de 2017, das dez horas trinta minutos ás trece horas trinta minutos, desde o A até Mourullo Vidal, Juan Ramón.

Data: 20 de abril de 2017, das dez horas trinta minutos ás trece horas trinta minutos, desde Noya Puente, herdeiros de Andrés até o Z.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente estarán expostos no Concello de Santiago de Compostela e no Servizo da Delegación Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas da Coruña (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 8º andar, 15071 A Coruña).

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución. Poden facerse acompañar pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido nos artigos 17, 18 e 19 da Lei de expropiación forzosa e no 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante un prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución e ata o momento do levantamento da acta previa correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante o Servizo da Delegación Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas da Coruña (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 8º andar, 15071 A Coruña), as alegacións que coiden pertinentes para os efectos previstos na regulación referida.

A Coruña, 7 de marzo de 2017

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo da Delegación Provincial da Coruña