Mediante a Orde do 13 de xuño de 2016, publicada no Diario Oficial de Galicia número 120, do 27 de xuño, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Consellería de Facenda que se detalla no anexo desta orde.
De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, que aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e demais normativa vixente, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada mediante a Orde do 13 de xuño de 2016 e designar a persoa funcionaria, cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, para ocupar o posto que tamén se especifica.
Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia ou segundo o establecido na normativa de aplicación na súa administración de orixe.
O prazo para tomar posesión do novo destino é de tres días se non implica cambio de residencia ou de sete días se comporta cambio de residencia.
Cando a adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días.
O cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se concedesen á persoa; no caso de incapacidade temporal a partir da data da alta.
Terceiro. A xefatura de persoal do centro onde cause baixa o funcionario ou funcionaria, así como a daquel en que acada o destino, efectuarán, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión e, de seguido, realizaranse os trámites para a súa alta na nómina.
Da dilixencia efectuada remitirase copia á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda.
Esta orde pon fin á vía administrativa e contra ela poderase recorrer potestativamente en reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, ou impugnala directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2017
Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda
ANEXO
Datos da funcionaria:
Nome e apelidos: María Isabel Rossell López.
Número de rexistro de persoal: 3335006502 A207E.
Corpo ou escala: corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (escala superior de finanzas).
Subgrupo: A1.
Datos do posto de traballo:
Denominación: interventor/a territorial delegado/a.
Código do posto: FCC030003027001002.
Nivel: 30.
Centro directivo ou dependencia: Intervención Territorial de Lugo.
Localidade: Lugo.