Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 2017 Páx. 13787

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2017, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso na categoría 003 (ordenanzas e outras) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Orde do 25 de febreiro de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 45, do 7 de marzo) pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 15 de marzo de 2017 constituíuse o tribunal nomeado pola Orde do 27 de febreiro de 2017 (DOG núm. 44, do 3 de marzo) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na categoría 003 (ordenanzas e outras) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, e acordou, de conformidade co disposto na base II.1.1 da convocatoria, que o primeiro exercicio da fase de oposición terá lugar o día oito (8) de abril de 2017, no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela (A Coruña), en chamamento único que se iniciará ás 10.00 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI, pasaporte ou carné de conducir (documento orixinal) e bolígrafo de cor azul ou negro.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento do cal se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2017

Constantino Piñeiro Cajete
Presidente do tribunal