Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 2017 Páx. 13587

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (162/2016).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 162/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Luis Amoedo González contra Manuel Lombardía Rodríguez, Pocomaco Inversiones, S.A.U., Esinor Sistemas, S.L.U., Gallega de Técnica de Investimentos, S.L., se ditou a seguinte resolución:

«Acordo declarar os executados Manuel Lombardía Rodríguez, Pocomaco Inversiones, S.A.U., Esinor Sistemas, S.L.U., Gallega de Técnica de Investimentos, S.L., en situación de insolvencia total por importe de 13.016,09 euros en concepto de principal máis 1.301,60 euros orzados para xuros da execución, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá, para todos os efectos, como provisional».

Polo que, para os efectos de publicidade, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza