Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 2017 Páx. 13603

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 2 de marzo de 2017, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-02493-O-2016 e tres máis).

A persoa titular da Xefatura Territorial da Coruña ditou a resolución dos expedientes sancionadores número XC-02493-O-2016 e tres máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmase de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Comunícaselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva en vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do seu importe conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

A Coruña, 2 de marzo de 2017

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

XC-02493-O-2016

3355-HJB

Logística Luis y Ariadne, S.L.

B71057913

Diminución do descanso diario normal (sobre 11 horas) igual ou superior a 10 horas e inferior a 11 horas.

14.6.2016; 10.29; N634; 709,5

Artigo 142.17 da LOTT

Artigo 143.1.a) da LOTT

100 euros

XC-02514-O-2016

3355-HJB

Logística Luis y Ariadne, S.L.

B71057913

Diminución do descanso diario normal (sobre 11 horas) igual ou superior a 10 horas e inferior a 11 horas.

14.6.2016; 10.35; N634; 709,5

Artigo 142.17 da LOTT

Artigo 143.1.a) da LOTT

100 euros

XC-02523-O-2016

2617-FFR

Autocares Luis Raposo, S.L.

B15639149

Diminución do descanso diario fraccionado (sobre 3+9 horas) igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

18.6.2016; 20.27; AC552; 57,0

Artigo 142.17 da LOTT

Artigo 143.1.a) da LOTT

100 euros

XC-02594-O-2016

1557-CSW

Juan Manuel Lojo Piñeiro

33265862L

Non levar a bordo do vehículo o título habilitante ou a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

18.7.2016; 19.50; AC302; 2,0

Artigo 142.8

da LOTT

Artigo 143.1.b) da LOTT

201 euros