Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 2017 Páx. 13597

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 3 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Xustiza, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia para os efectos do coñecemento do Acordo do 24 de xaneiro de 2017.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación obxecto deste anuncio a José Luis Sobrado Seoane, na forma prevista nos artigos 41 e 42 do citado texto legal, procédese a publicar a indicación do dito acto administrativo por entender que a súa publicación íntegra podería lesionar dereitos e intereses lexítimos.

O interesado que se cita, ou o seu representante debidamente acreditado, poderá comparecer para o coñecemento íntegro da dita resolución, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Xustiza da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita na rúa Madrid, 2-4, 2º, As Fontiñas, Santiago de Compostela. A comparecencia efectuarase en horario comprendido entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres.

A notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da comparecencia ou, transcorrido o dito prazo sen efectuarse esta, desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Contra o acordo que se notifica non cabe interpoñer ningún recurso, aínda que o interesado, conforme o previsto no artigo 112.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poderá realizar alegacións para opoñerse a el, sen prexuízo da posibilidade de recorrer contra a resolución que poña fin a este procedemento.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2017

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza

ANEXO

Acto de notificación: acordo da Dirección Xeral de Xustiza.

Data da resolución: 24 de xaneiro de 2017.

Interesado: José Luis Sobrado Seoane.

Último enderezo coñecido: avenida dos Caídos, 14, 3º D, 15009, A Coruña