Unha vez aprobado o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2017 polo Consello Reitor, de conformidade co artigo 6.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, modificada pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, convócanse as actividades de formación para o persoal ao servizo da Administración local de Galicia do ano 2017, que se detallan nos anexos desta resolución.
RESOLVO:
Publicar a convocatoria das actividades formativas que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.
Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2017
Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública
ANEXO I
Bases
Primeira. Requisitos dos participantes
Poderán participar nas accións formativas convocadas nesta resolución os empregados públicos e as empregadas públicas ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia, así como os funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos noutras administracións públicas de Galicia, que se encontren en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar e que reúnan os requisitos establecidos na presente convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.
Toda persoa solicitante que ao inicio do curso estea en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedará automaticamente excluída da listaxe do persoal seleccionado. Esta incidencia deberá ser comunicada á EGAP con carácter inmediato.
Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación
Os cursos realizaranse cos requirimentos, duración e condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <http://egap.xunta.gal>.
Terceira. Solicitudes
1. O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <http://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
3. O número máximo de cursos que se pode solicitar limítase a cinco.
4. Non está permitida a realización de actividades de formación que teñan simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións presenciais das actividades. Cando o alumnado teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia horaria con outro en que xa foi seleccionado debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade a realización simultánea de varias actividades, non se expedirá certificación de ningunha delas, e o alumnado pasará ao final das listaxes de todas as actividades formativas que solicite e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
5. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.
6. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listas de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
7. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.
8. As persoas solicitantes de actividades impartidas na modalidade de teleformación deberán dispor dunha conta de correo electrónico cuxo enderezo terán que indicar na solicitude e dun equipamento informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:
– Un computador con conexión á internet.
– Un navegador web co plugin de flash.
9. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (maternidade, discapacidade, etc.) de acordo cos criterios de selección deberán remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria, xunto cunha copia do formulario da matrícula, ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). A devandita documentación deberá enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberá presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.
10. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54 e 981 54 62 53 e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.
Cuarta. Criterios de selección
1. Os criterios selectivos que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG do 10 de xaneiro).
Para os efectos do previsto no punto segundo da citada resolución, o baremo que se empregará para a selección establécese sobre unha base de 100 puntos, dos que o 60 % estará vinculado ao número de horas de formación recibidas nos dous últimos anos e o 40 % restante á antigüidade na Administración.
Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG do 25 de marzo). Para o ano 2017, segundo a Resolución do 20 de xaneiro (DOG do 30 de xaneiro), comezarase pola letra K.
2. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso poderá completarse o número de alumnos asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.
Quinta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado
1. A EGAP publicará no enderezo <http://egap.xunta.gal> unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas.
O prazo de presentación de alegacións será de cinco días naturais desde a súa publicación.
Ademais, quen facilite os correspondentes datos na solicitude será informado da súa selección a través do correo electrónico e da mensaxaría telefónica. Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou ocupan un posto máis afastado na lista de espera, todo isto de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
2. Transcorrido o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo <http://egap.xunta.gal> a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso.
Sexta. Cambios ou substitucións na selección, renuncia e asistencia
1. Os cambios ou as substitucións na selección:
En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.
2. A renuncia:
a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:
– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.
– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos responsables dos centros directivos.
– Por outras causas xustificadas documentalmente.
b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á Escola Galega de Administración Pública cunha antelación mínima de tres días hábiles anteriores ao inicio da actividade formativa. Na páxina web da escola está dispoñible un modelo de renuncia.
Para isto poderase utilizar, alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.
c) As persoas que incumpran o previsto nas alíneas a) e b) pasarán ao final das listas de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.
3. A asistencia e a puntualidade:
Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e mais a puntualidade.
b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.
c) As faltas de asistencia nas actividades presenciais:
1. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas presenciais. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante os responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.
2. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas presenciais, pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.
d) Seguimento das actividades de teleformación:
As persoas que non completen o 75 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.
Sétima. Realización de probas
1. Para poder superar as actividades de formación, o alumnado deberá superar unha proba de avaliación que se realizará ao final delas, tanto na modalidade de teleformación como nos cursos que se impartan de xeito presencial. As probas poderanse desenvolver de xeito descentralizado nas sedes que se determinen no comezo de cada actividade.
Nas actividades formativas encadradas dentro do Plan formativo ofimático de Galicia a proba final de avaliación terá igualmente carácter presencial e desenvolverase na sede da EGAP en Santiago de Compostela.
2. Para poder superar os cursos de teleformación é necesario cumprir unha serie de requisitos obrigatorios na súa totalidade:
– A asistencia á sesión presencial de apertura, se a houber.
– A adecuada realización de todas as actividades que o titor propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final presencial.
– Para poder aprobar a actividade formativa, o alumnado deberá superar unha proba final de avaliación.
Ao inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas, así como as datas en que estas terán lugar. Salvo que se determine outra cousa, nestas actividades as probas de avaliación finais serán presenciais nos lugares e nas datas que se establezan. A EGAP informará a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación das datas concretas e das horas da proba final.
Oitava. Certificado de aproveitamento
Para a obtención do certificado de aproveitamento, o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe declarando apto ou non apto cada alumno/a en función do resultado da proba.
Non se expedirán certificados de asistencia sen a superación do curso.
Novena. Facultades da EGAP
1. A EGAP resolverá aquelas incidencias que poidan producirse no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas e pode suprimir algunha, ampliar novas edicións da programación ou programar outras actividades diferentes cando así o exixan as circunstancias que afecten a súa organización ou docencia. Tamén lle corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e cumprimento desta resolución.
2. A execución material das actividades queda condicionada á existencia de crédito orzamentario axeitado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.
3. No suposto de que o número de admitidos sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso en que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.
4. A EGAP poderá modificar os contidos, o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten o desenvolvemento das actividades serán anunciadas na páxina web da escola.
5. A EGAP garantirá na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.
ANEXO II
Código |
Denominación |
Prazas |
Horas |
Cualificación |
Valoración |
Destinatarios |
Localidade/ |
Datas |
Data proba de avaliación |
Horario |
Réxime xurídico e xestión das entidades locais |
||||||||||
LO17028 |
O novo réxime de tesouraría municipal. Especial referencia aos municipios de menos de 5000 habitantes |
50 |
30 |
Aproveitamento |
Estatal 0,55 |
– Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia. – Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia. |
Teleformación |
24.4.2017 23.5.2017 |
29.5.2017 |
Proba de avaliación 16.30 h |
LO17026 |
Elaboración de pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas na Administración local |
50 |
30 |
Aproveitamento |
Estatal 0,50 |
– Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia. – Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia. |
Teleformación |
2.5.2017 31.5.2017 |
8.6.2017 |
Proba de avaliación 13.00 h |
LO17005 |
Racionalización de recursos humanos na Administración local |
25 |
25 |
Aproveitamento |
Estatal 0,50 Autonómica 0,30 |
Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia e funcionarios dos grupos A1 e A2 e laboral dos grupos I, II ao servizo das entidades locais, os seus organismos públicos e demais entes delas dependentes. |
Presencial Santiago |
9.5.2017 1.6.2017 |
1.6.2017 |
16.00 a 20.00 h (o último día das 9.00 ás 14.00 e das 16.00 ás 20.00 h) |
LO17024 |
Fórmulas de cooperación en xestión de subvencións nos concellos de Galicia |
25 |
15 |
Aproveitamento |
Estatal 0,40 |
– Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia. – Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia. |
Presencial Santiago |
10.5.2017 22.5.2017 |
22.5.2017 |
16.30 a 19.30 h |
LO17038 |
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas |
50 |
25 |
Aproveitamento |
Estatal 0,50 |
Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia. |
Teleformación |
12.5.2017 5.6.2017 |
8.6.2017 |
Proba de avaliación 16.30 h |
LO17027 |
Extinción e liquidación de entes municipais. Remunicipalización dos servizos sociais |
50 |
25 |
Aproveitamento |
Estatal 0,50 Autonómica 0,30 |
– Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia. – Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia. |
Teleformación |
19.5.2017 17.6.2017 |
20.6.2017 |
Proba de avaliación 16.30 h |
LO17008 |
Liquidación práctica dos tributos locais de Galicia |
20 |
15 |
Aproveitamento |
Estatal 0,40 |
– Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia. – Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia. |
Presencial Santiago |
12.6.2017 19.6.2017 |
19.6.2017 |
16.30 a 19.30 h (o último día das 9.00 ás 14.00 h) |
LO17025 |
As relacións de postos de traballo na Administración local |
30 |
25 |
Aproveitamento |
Estatal 0,50 Autonómica 0,30 |
– Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia. – Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia. |
Presencial Santiago |
12.6.2017 27.6.2017 |
27.6.2017 |
9.00 a 14.00 h (luns e martes) |
LO17004 |
Fiscalización de subvencións |
25 |
25 |
Aproveitamento |
Estatal 0,50 Autonómica 0,30 |
– Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia. – Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia. |
Presencial Santiago |
19.6.2017 28.6.2017 |
28.6.2017 |
Os días 19, 20, 21, 26 e 28 de xuño das 16.00 ás 20.00 h (o día 23 de xuño das 9.00 ás 14.00 h) |
LO17029 |
Persoal laboral temporal na Administración local. Procedementos de consolidación de emprego e funcionarización |
50 |
30 |
Aproveitamento |
Estatal 0,50 Autonómica 0,30 |
– Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia. – Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia. |
Teleformación |
1.9.2017 30.9.2017 |
4.10.2017 |
Proba de avaliación 16.30 h |
LO17006 |
Xestión patrimonial nas entidades locais |
30 |
25 |
Aproveitamento |
Estatal 0,55 Autonómica 0,30 |
Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras Administracións públicas de Galicia e funcionarios dos grupos A1 e A2 e laboral dos grupos I, II ao servizo das entidades locais, os seus organismos públicos e demais entes delas dependentes. |
Presencial Santiago |
4.9.2017 18.9.2017 |
18.9.2017 |
Os días 4, 6, 11, 13 e 18 de setembro das 16.00 ás 20.00 h (o día 8 de setembro das 9.00 ás 14.00 h) |
LO17031 |
Réxime disciplinario en materia urbanística no ámbito local |
30 |
30 |
Aproveitamento |
Estatal 0,50 Autonómico 0,30 |
– Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia. – Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia. |
Presencial Santiago |
4.9.2017 13.9.2017 |
13.9.2017 |
Os días 4, 5, 6 e 7 de setembro das 16.00 ás 20.00 h. Os días 11 e 12 de setembro das 16.00 ás 19.30 h. O día 13 das 16.00 ás 19.00 h (o día 8 de setembro das 10.00 ás 14.00 h) |
LO17021 |
Análise de custos nas administracións públicas. O custo efectivo dos servizos na Administración local |
30 |
25 |
Aproveitamento |
Estatal 0,50 |
– Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia. – Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia. |
Presencial Santiago |
7.9.2017 10.10.2017 |
10.10.2017 |
Os días 7, 14, 21 e 28 de setembro das 16.00 ás 20.00 h. Os días 2, 5 e 10 de outubro das 16.00 ás 19.00 h |
LO17010 |
Actualización en materia normativa básica de réxime local |
30 |
15 |
Aproveitamento |
Estatal 0,40 |
Persoal das corporacións locais da Comunidade Autónoma de Galicia. |
Presencial Santiago |
2.10.2017 5.10.2017 |
5.10.2017 |
Os días 2, 3 e 4 de outubro das 16.30 ás 20.30 h, e o día 5 de outubro das 16.30 ás 19.30 h |
LO17033 |
O novo regulamento da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e a súa incidencia na Administración local |
30 |
21 |
Aproveitamento |
Autonómico 0,30 |
– Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia. – Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia. |
Presencial Santiago |
2.10.2017 10.10.2017 |
10.10.2017 |
16.30 a 20.00 h (de luns a xoves) |
LO17007 |
A nova instrución de contabilidade local: especial referencia ás contas anuais |
25 |
20 |
Aproveitamento |
Estatal 0,50 Autonómica 0,30 |
Todos os funcionarios e persoal laboral que asistisen aos cursos de formación convocados pola EGAP sobre a nova Instrución de contabilidade local e todos os interesados en adquirir unha formación contable para a súa aplicación nos seus postos de traballo |
Presencial Santiago |
10.10.2017 26.10.2017 |
26.10.2017 |
16.00 a 20.00 h (martes e xoves) |
LO17032 |
Simplificación administrativa e desburocratización no ámbito local |
50 |
30 |
Aproveitamento |
----- |
– Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia. – Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia. |
Teleformación |
18.10.2017 15.11.2017 |
20.11.2017 |
Proba de avaliación 16.30 h |
LO17048 |
Guías prácticas de exercicio da función interventora en pequenos e medianos concellos |
35 |
30 |
Aproveitamento |
Estatal 0,55 |
O curso está dirixido preferentemente a interventores de concellos de menos de 20.000 habitantes, secretarios- interventores e técnicos de servizos económicos dos subgrupos A1 e A2 |
Mixto: 12 h presenciais e 18 h teleformación |
18.10.2017 18.11.2017 Clases presenciais: 7 de novembro das 9.30 ás 14.00 h e das 16.00 ás 20.30 h e o 9 de novembro das 17.00 ás 20.00 h |
21.11.2017 |
Proba de avaliación 19.00 h |
LO17039 |
Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público |
50 |
25 |
Aproveitamento |
Estatal 0,50 |
Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia. |
Teleformación |
23.10.2017 16.11.2017 |
21.11.2017 |
Proba de avaliación 16.30 h |
LO17042 |
Os orzamentos das entidades locais. Informes de viabilidade e regra de gasto |
35 |
25 |
Aproveitamento |
Estatal 0,55 Autonómica 0,30 |
Funcionarios con habilitación de carácter nacional, pertencentes á subescala de intervención ou secretaría-intervención, que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia e persoal técnico dos servizos de intervención e tesouraría das entidades locais de Galicia. |
Mixto: 9 h presenciais e 16 h teleformación |
23.10.2017 16.11.2017 Clases presenciais: 6 e 16 de novembro das 16.00 ás 20.30 h |
21.11.2017 |
Proba de avaliación 17.30 h |
LO17030 |
Responsabilidade patrimonial e procedemento sancionador. Especialidades no ámbito local |
50 |
30 |
Aproveitamento |
Estatal 0,50 |
– Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia. – Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia. |
Teleformación |
26.10.2017 24.11.2017 |
30.11.2017 |
Proba de avaliación 16.30 h |
LO17047 |
A contratación pública local. Fiscalización e xestión da contratación menor e negociada de pequenos concellos |
35 |
30 |
Aproveitamento |
Estatal 0,50 Autonómica 0,30 |
Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia e persoal técnico dos servizos de intervención e tesouraría das entidades locais de Galicia |
Mixto: 12 h presenciais e 18 h teleformación |
26.10.2017 24.11.2017 Clases presenciais: 20, 21 e 22 de novembro das 16.30 ás 20.30 h |
30.11.2017 |
Proba de avaliación 19.00 h |
LO17003 |
A función de control e inspección urbanística nos pequenos municipios |
25 |
25 |
Aproveitamento |
Estatal 0,55 Autonómica 0,30 |
Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia e persoal técnico dos servizos de urbanismo das entidades locais de Galicia. |
Presencial |
31.10.2017 14.11.2017 |
14.11.2017 |
16.00 a 20.00 h (martes e xoves) excepto o día 9 de novembro, que será das 9.00 ás 14.00 h e das 16.00 ás 20.00 h |
LO17009 |
Responsabilidade patrimonial da Administración pública |
25 |
25 |
Aproveitamento |
Estatal 0,50 |
Persoal das corporacións locais da Comunidade Autónoma de Galicia |
Presencial Santiago |
6.11.2017 15.11.2017 |
15.11.2017 |
16.30 a 20.00 h (excepto o último día, que será das 16.30 ás 20.30 h) |
Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa |
||||||||||
LO17049 |
Tramitación electrónica integral no marco da Lei 39/2015 |
50 |
50 |
Aproveitamento |
--- |
Persoal das corporacións locais da Comunidade Autónoma de Galicia |
Teleformación |
17.4.2017 5.6.2017 |
8.6.2017 |
Proba de avaliación 17.30 h |
LO17019 |
Seguridade da información na Administración local |
50 |
30 |
Aproveitamento |
--- |
Calquera empregado público da Administración local que utilice as TIC no seu traballo diario |
Teleformación |
24.4.2017 25.5.2017 |
29.5.2017 |
Proba de avaliación 19.00 h |
LO17018 |
Introdución á protección de datos persoais. Regulamento europeo 2016/679 de protección de datos |
50 |
25 |
Aproveitamento |
--- |
Calquera empregado público da Administración local de Galicia |
Teleformación |
28.4.2017 22.5.2017 |
29.5.2017 |
Proba de avaliación 17.30 h |
LO17034 |
Documentación electrónica. Arquivamento electrónico. Dixitalización de documentos |
50 |
30 |
Aproveitamento |
--- |
Persoal das corporacións locais da Comunidade Autónoma de Galicia |
Teleformación |
5.5.2017 3.6.2017 |
8.6.2017 |
Proba de avaliación 19.00 h |
LO17022 |
A calidade na Administración pública. Procesos e procedementos |
50 |
25 |
Aproveitamento |
--- |
Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia. |
Teleformación |
5.9.2017 29.9.2017 |
4.10.2017 |
Proba de avaliación 19.00 h |
LO17013 |
Sinatura electrónica |
25 |
25 |
Aproveitamento |
---- |
Persoal das corporacións locais da Comunidade Autónoma de Galicia |
Presencial Santiago |
11.9.2017 27.9.2017 |
27.9.2017 |
16.30 a 19.30 h (luns, martes e mércores) |
LO17036 |
Certificado dixital |
50 |
30 |
Aproveitamento |
--- |
Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia. |
Teleformación |
12.9.2017 11.10.2017 |
17.10.2017 |
Proba de avaliación 19.00 h |
LO17045 |
Uso avanzado de aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOfficeCalc) |
50 |
50 |
Aproveitamento |
-- |
Persoal das corporacións locais da Comunidade Autónoma de Galicia |
Teleformación |
27.9.2017 15.11.2017 |
20.11.2017 |
Proba de avaliación 17.00 h |
LO17051 |
Adaptación dos concellos á Lei 11/2007, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos |
25 |
15 |
Aproveitamento |
-- |
Persoal das corporacións locais da Comunidade Autónoma de Galicia |
Presencial Santiago |
9.10.2017 22.11.2017 |
22.11.2017 |
Os días 19, 23 e 24 de outubro de 9.00 a 14.00 h |
Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades |
||||||||||
LO17044 |
Redacción de documentos técnico-xurídicos en galego |
50 |
15 |
Aproveitamento |
--- |
Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia. |
Teleformación |
26.4.2017 10.5.2017 |
15.5.2017 |
Proba de avaliación 19.00 h |
LO17011 |
Dirección eficaz e xestión de equipamentos |
25 |
20 |
Aproveitamento |
-- |
Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia |
Presencial Santiago |
3.5.2017 15.5.2017 |
15.5.2017 |
O día 3 de maio das 9.00 as 14.00 h e das 16.00 as 19.00 h Os días 8, 10 e 15 de maio das 16.30 ás 20.30 h |
LO17037 |
Diagnóstico do clima organizacional. A optimización do recurso humano |
50 |
30 |
Aproveitamento |
--- |
Persoal das corporacións locais da Comunidade Autónoma de Galicia |
Teleformación |
16.5.2017 14.6.2017 |
20.6.2017 |
Proba de avaliación 19.00 h |
LO17035 |
Atención á cidadanía |
50 |
25 |
Aproveitamento |
--- |
Persoal das corporacións locais da Comunidade Autónoma de Galicia |
Teleformación |
22.5.2017 15.6.2017 |
20.6.2017 |
Proba de avaliación 17.30 h |
LO17023 |
A calidade da redacción administrativa. Técnicas para mellorala |
50 |
18 |
Aproveitamento |
--- |
Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia |
Teleformación |
23.5.2017 9.6.2017 |
14.6.2017 |
Proba de avaliación 19.00 h |
LO17012 |
A creatividade, unha gratificante ferramenta de xestión |
12 |
12 |
Aproveitamento |
--- |
Persoal das corporacións locais da Comunidade Autónoma de Galicia |
Presencial Santiago |
30.5.2017 1.6.2017 |
1.6.2017 |
O día 30 de maio das 9.00 ás 14.00 h e das 16.00 ás 19.00 h O día 1 de xuño das 16.30 ás 20.30 h |
LO17040 |
Manual de estilo do DOG e outras publicacións institucionais |
50 |
20 |
Aproveitamento |
--- |
Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia. |
Teleformación |
8.9.2017 27.9.2017 |
4.10.2017 |
Proba de avaliación 17.30 h |
LO17050 |
Exposición ao amianto nos edificios. Xestión do risco |
30 |
14 |
Aproveitamento |
--- |
– Arquitectos/as e arquitectos/as técnicos das administracións locais de Galicia que estean directamente relacionados coa concesión de licenzas de obra de reforma e demolición e xestións das comunicacións previas de obra. – Persoal do Issga dos equipos técnicos de seguridade, hixiene e medicina que non realizase este curso anteriormente. – Persoal que desenvolve funcións de técnico superior en prevención de riscos laborais dos servizos de prevención propios das administracións públicas de Galicia. – Persoal dos grupos A1 e A2 responsable dos servizos de mantemento dos edificios das administracións públicas de Galicia. |
Presencial Santiago |
27.9.2017 28.9.2017 |
28.9.2017 |
9.00 a 14.00 h e das 16.00 ás 18.00 h |
LO17041 |
Negociación e traballo en equipo |
35 |
25 |
Aproveitamento |
Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia. |
Mixto: 6 h presenciais e 19 h teleformación |
2.10.2017 26.10.2017 Clases presenciais 10 e 18 de outubro das 16.30 ás 19.30 h |
31.10.2017 |
Proba de avaliación 19.00 h |
|
LO17046 |
Técnicas elementais de arquivos |
50 |
25 |
Aproveitamento |
--- |
Persoal das corporacións locais da Comunidade Autónoma de Galicia |
Teleformación |
2.10.2017 26.10.2017 |
31.10.2017 |
Proba de avaliación 17.30 h |
LO17043 |
Prevención e xestión de conflictos |
50 |
25 |
Aproveitamento |
--- |
Persoal das corporacións locais da Comunidade Autónoma de Galicia |
Teleformación |
2.11.2017 27.11.2017 |
30.11.2017 |
Proba de avaliación 17.30 h |
Plan formativo ofimático de Galicia |
||||||||||
LO17014 |
Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Microsoft Office 2010) |
50 |
50 |
Aproveitamento |
--- |
Persoal das corporacións locais da Comunidade Autónoma de Galicia |
Teleformación |
24.4.2017 12.6.2017 |
15.6.2017 |
Proba de avaliación 16.30 h |
LO17017 |
Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información (Microsoft Office 2010) |
50 |
30 |
Aproveitamento |
--- |
Persoal das corporacións locais da Comunidade Autónoma de Galicia |
Teleformación |
8.5.2017 6.6.2017 |
12.6.2017 |
Proba de avaliación 16.30 h |
LO17020 |
Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (contorno Windows) |
50 |
30 |
Aproveitamento |
--- |
Persoal das corporacións locais da Comunidade Autónoma de Galicia |
Teleformación |
26.10.2017 24.11.2017 |
29.11.2017 |
Proba de avaliación 16.30 h |
LO17015 |
Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2010) |
50 |
50 |
Aproveitamento |
--- |
Persoal das corporacións locais da Comunidade Autónoma de Galicia |
Teleformación |
4.9.2017 23.10.2017 |
30.10.2017 |
Proba de avaliación 16.30 h |
LO17016 |
Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office 2010) |
50 |
30 |
Aproveitamento |
--- |
Persoal das corporacións locais da Comunidade Autónoma de Galicia |
Teleformación |
23.10.2017 21.11.2017 |
27.11.2017 |
Proba de avaliación 16.30 h |