Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2017 Páx. 13507

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente ROPO 2014/26 e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícanselles ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os actos administrativos sinalados no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia dos actos notificados quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Conselleria do Medio Rural, sito na rúa Fernández Ladreda número 43, edificio administrativo 2º andar, (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen compareceren, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 20 de febreiro de 2017

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: ROPO 2014/26.

Interesada: Co. Labora Servicios, S.C.

Acto de notificación: requirimento.

Expediente: PNCOCA.

Interesada: Horta Agrelo, S.L.

Acto de notificación: requirimento.

Expediente: PNCOCA.

Interesado: Manuel Irago Villanueva.

Acto de notificación: requirimento.