Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2017 Páx. 13502

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, da contratación documentalmente simplificada do servizo de limpeza no CRD e IES Universidade Laboral de Ourense (expediente ED-01/17 SE).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento. Servizo de Obras e Equipamentos.

c) Número de expediente: ED-01/17 SE.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo de limpeza no CRD e IES Universidade Laboral de Ourense.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: no CRD e IES Universidade Laboral de Ourense.

d) Prazo de execución: dous anos desde a sinatura do contrato.

e) Admisión de prórroga: si, dous anos.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

Prezo: 755.869,82 euros (IVE excluído). IVE: 158.732,66 euros. Importe total: 914.602,48 euros.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5% do orzamento de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación da empresa. Non obrigatoria: grupo U, subgrupo 1, categoría 3 ou categoría C.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver punto 5.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral Técnica.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfono: 981 54 44 53 / 981 54 44 95

d) Poderanse consultar e/ou obter os pregos así como a información correspondente a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=130561

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 19 de abril de 2017, ás 14.00 horas.

b) Documentación que se presentará: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (881 99 91 49) no mesmo día.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: a apertura das proposicións efectuarase o día 25 de abril de 2017, ás 10.00 horas.

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

11. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 10 de marzo de 2017.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2017

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria