De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en aplicación da resolución emitida pola Presidencia de Portos de Galicia o 13 de marzo de 2017, anúnciase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web www.portosdegalicia.com, seccións «Documentación» e «Transparencia-Información económica, orzamentaria e estatística», apartado «Alleamento de embarcacións», o inicio de procedemento para a venda directa da embarcación de nome Flores, con matrícula 3ª-CO-4-1893, incautada por Portos de Galicia.
A resolución de convocatoria, as bases aplicables a esta, e o modelo de proposición económica, poderán ser consultados e descargados a través da páxina web
www.portosdegalicia.com, seccións «Documentación» e «Transparencia-Información económica, orzamentaria e estatística», apartado «Alleamento de embarcacións».
As persoas interesadas en participar, formularán a súa oferta conforme o modelo do anexo III da resolución, e na forma e acompañada da documentación prevista na condición cuarta do anexo II.
O prazo de presentación de ofertas finaliza o día 28 de abril de 2017.
Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2017
José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia