Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2017 Páx. 13258

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 60/2017).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 60/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José García Fraga, Manuel Fernández Pena e José Martínez García contra Construcciones Lugilde, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, ditáronse as seguintes resolucións:

«Dispoño despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, José García Fraga, Manuel Fernández Pena e José Martínez García, fronte a Construcciones Lugilde, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, parte executada, por importe de 24.398,79 euros en concepto de principal (6.090,45 euros máis 2.120,81 euros de xuros do artigo 29.3 ET, a Manuel Fernández Pena; 6.058,56 euros máis 2.109,71 euros de xuros do artigo 29.3 ET, a José García Fraga; 5.948,04 euros máis 2.071,22 euros de xuros do artigo 29.3 ET a José Martínez García), máis outros 2.439,87 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación».

«Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previamente á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Construcciones Lugilde, S.L., dar audiencia previa á parte demandante José García Fraga, Manuel Fernández Pena e José Martínez García e ao Fondo de Garantía Salarial, por prazo de quince días para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente».

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Lugilde, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza