Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2017 Páx. 13315

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 2 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 23 de febreiro de 2017 de autorización de cambio de actividade de forestal a agrícola da parcela 376 do polígono 36 e quince máis do termo municipal das Nogais (Lugo).

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 23 de febreiro de 2017, o cambio de actividade de forestal a agrícola nas parcelas 376 do polígono 36; 39, 40, 47 e 204 do polígono 38; 13 (recinto 2), 14, 20, 45, 69, 70 e 74 do polígono 39; 37 do polígono 40 e parcelas 3 (recinto 1) e 16 do polígono 41 do termo municipal das Nogais (Lugo).

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 23.12.2016. O anuncio foi publicado no DOG núm. 21, do 31 de xaneiro.

Lugo, 2 de marzo de 2017

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo