Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2017 Páx. 13311

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se somete a información pública a actualización e modificación do estudo de impacto ambiental da zona de concentración parcelaria de San Martiño-A Armenteira sector I (Meis-Pontevedra).

O artigo 36.1 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, dispón que os estudos de impacto ambiental se someterán a un trámite de información pública durante un prazo non inferior a trinta días, logo de anuncio no diario oficial que corresponda. Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter á información pública, polo prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución, a actualización e modificación do estudo de impacto ambiental da zona de concentración parcelaria de San Martiño-A Armenteira sector I (Meis-Pontevedra).

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten a documentación correspondente ao proxecto para a consulta nas oficinas desta dirección xeral, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, así como na páxina web da Consellería do Medio Rural (http://mediorural.xunta.gal/areas/infraestruturas/avaliacion_de_impacto_ambiental/informacion_publica_de_eia/).

As persoas interesadas poderán presentar alegacións, durante o prazo sinalado, dirixidas ao director xeral de Desenvolvemento Rural, por cualqueira dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2017

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral de Desenvolvemento Rural