Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2017 Páx. 13302

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello das Pontes de García Rodríguez (expediente IN407A 2015/566-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Sergabi Tratamientos del Metal, S.L.

Domicilio social: A Cuíña, s/n, 15320 As Pontes de García Rodríguez.

Denominación: proxecto CT de 250 kVA.

Situación: A Cuíña, s/n, 15320 As Pontes de García Rodríguez.

Características técnicas: liña subterránea de 20 kV, con condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV, (1×240) Al.

Centro de seccionamento composto por dúas celas de entrada/saída CGMCOSMOS-L e cela de seccionamento.

Centro de transformación composto por cela de remonte CGMCOSMOS-RC, cela de protección CGMCOSMOS-P, cela de medida CGMCOSMOS-M e transformador de 250 kVA, refrixeración natural en aceite, tensión primaria 20 kV e tensión secundaria 420 V, grupo de conexión Dyn11.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días contados a partir do día seguinte ao da publicación; artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 21 de febreiro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña